Reproductor MP4

Bos días compañeiras!

Nesta publicación pretendemos dar ideas sobre como traballar nun proxecto TIC habilidades e capacidades como a música e o movemento.

Abordamos este tema xa que este foi un dos retos que se nos propuxo ao ter que realizar unha unidade de actividades empregando unicamente ferramentas TIC. Ao iniciar a planificación destas actividades tan só pensamos “Como facer exercicio físico co apoio das TIC?”, “Que posibilidades nos ofrece Ardora?”. Pois ben, tras pensar en poñer imaxes de tal xeito que formen unha secuencia de acción e desbotar a idea por parecernos pouco apropiado para a etapa de infantil, decantámonos por algo máis dinámico, un reprodutor de MP4. A pesar de parecer algo moi sinxelo pensamos que este é un recurso moi útil xa que Ardora, nas súas páxinas multimedia, permite recompilar cancións, contos, bailes e exercicios virtuais nunha mesma lista de reprodución á que todo o alumnado ten acceso. Así poderán escoitar música sobre este tema de traballo, tanto de forma individual empregando auriculares, como en pequeno ou gran grupo bailando e xogando imitando o que ven na pantalla.

Reprodutor

Se precisades axuda para facela deixádenolo en comentarios, ate outra!

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

Storybird

Ola a todas e todos!

Hoxe dámosvos a coñecer un novo recurso TIC para empregar na aula. Estamos a falar da aplicación Storybird. Esta ferramenta proporciona bloques de imaxes de diferentes artistas a libre disposición dos usuarios, permitindo poñerlles texto e facer poemas, libros ilustrados, etc. Nós, dentro deste proxecto sobre a fraga, co obxectivo de achegar ao alumnado a lectura, a literatura e as TIC fixemos un conto ilustrado que trata de concienciar sobre o coidado da natureza.

A historia trata sobre os nenos dunha aldea que xogaban habitualmente no bosque do lugar. Alí deixan refugallo, prenden lume, fan barullo… molestando a animais e prantas. A avoa un día dálles unha lección e a rapazada pronto comprende que é máis divertido  xogar a ser os gardiáns da natureza e respectala.

Capturaconto

É moi sinxelo elaborar un conto nesta aplicación, soamente debedes:

  • Entrar na páxina Storybird.
  • Crear un usuario.
  • Facer clic en “create”.
  • Clicar no estilo de deseño que máis nos chame atención (a aplicación conta cun buscador para delimitar a temática se o precisamos).
  • Pinchar onde pon “use this art”.
  • Para crear un conto elexir a opción “picture book”.
  • Agora, soamente queda engadir páxinas, arrastrar as imaxes aos cadros en branco e deixar voar a imaxinación!

Moita sorte se o empregades, esperamos que vos guste! Ate a próxima!

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

ENCHE A CESTA, CRECE SAN!

Ola a todos e a todas!

Neste novo post explicaremos a creación da actividade ‘’Enche a cesta, crece san!’’ mediante a cal tratamos hábitos saudables, á vez que traballamos a capacidade lóxica-matemática dos nenos e nenas. É unha actividade sinxela que consiste en escoller 5 froitas diferentes e introducilas na cesta:

Cesta

Os pasos a seguir para a elaboración desta actividade son:

  1. Con Ardora xa aberto, primeiramente pinchamos en ‘’Archivo’’ e, en esta ocasión, pinchamos na opción ‘’Nova páxina multimedia’’, elixindo ‘’Pizarra’’. Chegaramos a esta pantalla:

cesta 1

  1. A continuación, no apartado ‘’Archivo de imaxe’’ debemos ir poñendo as imaxes escollidas que van ser arrastradas á cesta, no noso caso as froitas.
  2. Unha vez rematado, na opción número 3 ‘’Fondo/Menú gráfico’’ engadimos a imaxe do fondo, como por exemplo a cesta. Ademais, temos a opción de modificar certos parámetros.

cesta 2

 

 

 

 

 

 

4. Para rematar, en ‘’Páxina Web’’ escribimos o título da actividade.

5.Gardar e publicar.

En canto a esta actividade, atopamos algunha dificultade ao non saber exactamente de que trataba. Tras varios intentos e probas, conseguimos elaborala sen ter unha explicación previa da mesma. Consideramos que é unha boa opción para traballar a área de Coñecemento de si mesmo e autonomía persoal, máis concretamente o coidado, así como a capacidade lóxico-matemática ao ter que contar o número de froitas.

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

Crebacabezas:

Bos días exploradores e exploradoras!

A seguinte actividade elixida é o crebacabezas:

Crebacabezas

Como sabemos, esta consiste en ordear as pezas para obter a imaxe final ben definida. Nós optamos por unha árbore ao ser un elemento central do noso proxecto. Grazas a esta actividade traballamos dunha maneira lúdica a capacidade de organización do espazo así como a lóxica matemática.

Os pasos para elaborar un crebacabezas son:

  1. No programa Ardora, pinchamos na opción ‘’Archivo’’, seguido de ‘’Nueva actividad’’ e a continuación ‘’Actividades con gráfico’’ onde pinchamos en ‘’Puzle’’.
  2. Unha vez feito o anterior, aparece isto na pantalla:

crebacabezas 1

  1. Seguidamente, clickamos onde aparece ‘’Escoja el gráfico’’. Aquí debemos escoller a foto, previamente seleccionada, que será a imaxe a resolver no crebacabezas (a árbore no noso caso). Ademais, podemos modificar o tamaño da mesma.
  2. Co anterior paso terminado, a actividade dános a opción de escoller o tipo de movemento das pezas así como o número de filas e columnas. Isto favorece a adaptación ás diferentes idades, podendo modificala aumentando e diminuíndo o grao de dificultade.
  3. A continuación, podemos, se así o queremos, variar distintos parámetros como o fondo.

crebacabezas 2

6. Como en actividades anteriores, nun segundo apartado ‘’Opciones de ejecución’’,                    podemos determinar o tempo da actividade así como unha mensaxe de felicitación                ou unha de erro, ou mesmo o fondo.

crebacabezas 3

7. Finalmente, no apartado número 3, establecemos o título da actividade.

Agora xa podemos gardar e publicar, o noso crebacabezas está listo para montar!

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

CALDO DE LETRAS

Benvidos e benvidas de novo!

Hoxe no blog explicaremos como facer, no programa Ardora, unha sopa de letras. É unha actividade sinxela na que podemos adaptar o grao de dificultade á idade dos nenos e nenas. Así, a actividade consiste en atopar términos relacionados, neste caso, co centro de interese: a natureza.

Aquí o exemplo final:

sopadeletras

Primeiramente, tras abrir o programa, debemos clickar na opción ‘’Archivo’’, seguido de ‘’Nueva actividad’’.  Aquí, atoparemos a opción ‘’Juegos de palabras’’, e como primeira aparece ‘’Sopa de letras’’, onde debemos pinchar.

Unha vez seguidos estes pasos chegamos a este panel:

sopa de letras 1

Na táboa, no apartado ‘’Palabra’’ ao pinchar sairá outra ventá superposta cos mesmos términos, onde deberemos ir poñendo os conceptos que desexamos que formen parte da sopa de letras, tal e como se amosa na imaxe:

sopa de letras 3

Ademais, contamos con diferentes opcións:

  • Definición: onde podemos dar unha explicación sobre a palabra a atopar. Esta opción permite graduar a dificultade da actividade, se así o preferimos.
  • Mp3 ou Ogg: a actividade permite engadir audios.
  • Imágenes: podemos realizar a actividade con imaxes.7

Unha vez rematemos, debemos clikar no tic verde (abaixo á man dereita).

Xa coas palabras elixidas, nun segundo apartado podemos decidir os diferentes parámetros da actividade, como por exemplo:

  • O método de solución.
  • As filas e as columnas da sopa.
  • A fonte da mesma.
  • A orientación das palabras (só horizontais, verticais, diagonais, mesturadas…).

sopa de letras 4

Así mesmo, nunha terceira opción na pestaña ‘’Opciones de ejecución’’ podemos modificar o tempo da actividade así como o seu aspecto. Nesta mesma, e se así o queremos, podemos incorporar unha mensaxe final de felicitación.

sopa de letras 5

Se nos fixamos nesta imaxe, podemos ver unha terceira opción ‘’Páxina web’’. Nesta podemos determinar o aspecto e concretar o título da actividade.

Os seguintes pasos a facer son publicar e gardar, e xa teriamos a nosa sopa de letras lista para xogar!

No noso parecer é unha maneira lúdica de aprender e distinguir conceptos da natureza, moi atraínte e adaptada aos nenos e nenas da aula. Esperamos que vos guste!

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

CADA OVELLA COA SÚA PARELLA

Bos días habitantes da fraga!

Nesta entrada explicaremos como fixemos a actividade “ cada ovella coa súa parella” na que se traballan os procesos de atención e selección, a vez que fomentamos o coñecemento sobre elementos da natureza e ampliamos o noso léxico e competencia lectora.

Esta actividade consiste en escoller e marcar que denominación corresponde a cada imaxe. Ao visualizar o xogo atoparemonos con isto:

  1. Animais e prantas:                                                                relaciona
  1. Actividade sobre a  auga:                 auga

Como podemos ver, a dereita encontramos diferentes palabras, que mudan ao pinchar nas frechas ascendente e descendente. Á esquerda ocorre o mesmo coas imaxes. Unha vez que atopamos unha parella debemos facer clic no botón azul co signo de interrogación e comprobar se a nosa resposta é acertada.

A primeira actividade conta con imaxes de animais e plantas. Moitos deles están representados tal e como se ven na película do Bosque Animado. A finalidade desta, é partir dese interese que supoñemos suscitará o filme para achegarnos ao proxecto sobre a natureza.

A segunda das actividades é sobre a auga. Mostra e permite coñecer diferentes fontes naturais (e non tan naturais) onde atopar auga nunha fraga.

Agora explicaremos a secuencia de pasos que debedes seguir para realizar estas actividades:

  1. Entrar en Ardora.
  2. Facer clic en “Archivo”.
  3. Pinchar onde pon “nova actividade”
  4. Buscar a palabra “relacionar”
  5. Facer clic en “frases e imágenes”
  6. Veredes esto:Captura relacion
  1. Ao facer clic no primeiro recadro en blanco da táboa sairá esa pestaña superposta.
  2. A esquerda engadides as palabras e a dereita as imaxes que se corresponden as mesmas (o propio programa xa as revolverá para a realización do xogo).
  3. Clicades no tic verde
  4. So queda gardar e publicar!

NOTA: Esta actividade permite poñer mensaxes de felicitación e de aviso de erros. Nos apostamos por frases motivadoras que inviten de xeito positivo a seguir xogando.

Ata outra!

 

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

DESCOBRE COMO SON!

Bos  días! Hoxe no Bosque Animado, explicaremos en que consiste a actividade dashboard, do programa Ardora, e como a empregamos nós no contexto do noso proxecto.

En primeiro lugar, cómpre saber que Ardora é unha aplicación de descarga gratuíta, que posibilita a realización de múltiples actividades educativas.  Nela atopamos diferentes clases de actividades e xogos. Un bloque son as páxinas multimedia. Dentro deste apartado encontramos á que nos referiremos hoxe, a opción dashboard.  Con esta, podemos crear unha táboa na que situaremos imaxes e palabras ou frases segundo o obxectivo que queremos acadar.

Neste caso, nós empregamos esta función para achegar ao alumnado ao vocabulario que desexabamos traballar ao redor deste proxecto. Creamos dúas táboas, unha para os animais e outra para as prantas autóctonas de Galicia.  Ao entrar na actividade atopámonos unha táboa dividida en celdas nas que vemos distintos nomes. O alumno pinchará nos recadros para poder coñecer o animal/planta  que leva dita denominación.

Prantas

Non se trata dunha actividade que ofrece feedback, xa que non é cuestión de acertos e erros se non de dar a coñecer o léxico específico dun campo dun xeito visual, ameno e atractivo.

Os pasos que se deben seguir son:

  1. Entrar na aplicación Ardora.
  2. Pinchar en Archivo.
  3. Buscar a opción “Nueva página multimedia”
  4. Facer “clic” en Dashboard.
  5. Escoller cantas filas e columnas precisamos.
  6. Facer doble clic no recadro .
  7. Inserir a imaxe e a palabra ou frase correspondente.
  8. Pinchar no tic verde que indica que está listo.
  9. Repetir o proceso co resto de recadros
  10. Gardar e publicar

Captura dash

  • OLLO!  Para públicar a actividade cómpre gardala nunha carpeta cuxo nome non inclúa espazos, “ñ” ou  signos.

Esperamos que vos guste e vos sexa de utilidade, ata outra!

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

Benvidas e benvidos!

Somos dúas futuras mestras de Educación Infantil e hoxe iniciamos este proxecto con ilusión. Con isto pretendemos non só levar a cabo o traballo encomendado senón tamén crear unha ferramenta de utilidade para todas aquelas persoas que traballan en educación ou que teñen cativas e cativos na casa.

A través deste blog, realizaremos e mostraremos actividades TIC en torno ao centro de interese ‘’o bosque’’. Eliximos esta temática xa que consideramos que se pode desenvolver a competencia dixital sen esquecer a importancia de traballar cos recursos que nos proporciona a propia natureza.

Para introducir o tema e xerar motivación e curiosidade polo mesmo partiremos do visualización do filme O bosque animado pois nel se traballan de forma lúdica e amena moitos contidos sobre o mundo animal e vexetal galego.

Ademais, ao tempo que aprendemos sobre a fauna e flora, os recursos hídricos e os materiais que nos proporciona a fraga así como sobre os hábitos de vida saudables, traballamos tamén diferentes competencias como a musical, a lóxica-matemática, a estruturación espacial, a comunicación lingüística etc.

Consideramos que estas actividades poden ser moi enriquecedoras na etapa de educación infantil como complementarias a un proxecto sobre o mesmo tema no cal se leven a cabo tamén actividades en contacto directo co entorno físico e os seus elementos.

 

Acompañádenos nesta excursión sobre a fraga!

images

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario