Benvidas e benvidos!

Somos dúas futuras mestras de Educación Infantil e hoxe iniciamos este proxecto con ilusión. Con isto pretendemos non só levar a cabo o traballo encomendado senón tamén crear unha ferramenta de utilidade para todas aquelas persoas que traballan en educación ou que teñen cativas e cativos na casa.

A través deste blog, realizaremos e mostraremos actividades TIC en torno ao centro de interese ‘’o bosque’’. Eliximos esta temática xa que consideramos que se pode desenvolver a competencia dixital sen esquecer a importancia de traballar cos recursos que nos proporciona a propia natureza.

Para introducir o tema e xerar motivación e curiosidade polo mesmo partiremos do visualización do filme O bosque animado pois nel se traballan de forma lúdica e amena moitos contidos sobre o mundo animal e vexetal galego.

Ademais, ao tempo que aprendemos sobre a fauna e flora, os recursos hídricos e os materiais que nos proporciona a fraga así como sobre os hábitos de vida saudables, traballamos tamén diferentes competencias como a musical, a lóxica-matemática, a estruturación espacial, a comunicación lingüística etc.

Consideramos que estas actividades poden ser moi enriquecedoras na etapa de educación infantil como complementarias a un proxecto sobre o mesmo tema no cal se leven a cabo tamén actividades en contacto directo co entorno físico e os seus elementos.

 

Acompañádenos nesta excursión sobre a fraga!

images

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta