Bos días habitantes da fraga!
Nesta entrada explicaremos como fixemos a actividade “ cada ovella coa súa parella” na que se traballan os procesos de atención e selección, a vez que fomentamos o coñecemento sobre elementos da natureza e ampliamos o noso léxico e competencia lectora.
Esta actividade consiste en escoller e marcar que denominación corresponde a cada imaxe. Ao visualizar o xogo atoparemonos con isto:
- Animais e prantas:
- Actividade sobre a auga:
Como podemos ver, a dereita encontramos diferentes palabras, que mudan ao pinchar nas frechas ascendente e descendente. Á esquerda ocorre o mesmo coas imaxes. Unha vez que atopamos unha parella debemos facer clic no botón azul co signo de interrogación e comprobar se a nosa resposta é acertada.
A primeira actividade conta con imaxes de animais e plantas. Moitos deles están representados tal e como se ven na película do Bosque Animado. A finalidade desta, é partir dese interese que supoñemos suscitará o filme para achegarnos ao proxecto sobre a natureza.
A segunda das actividades é sobre a auga. Mostra e permite coñecer diferentes fontes naturais (e non tan naturais) onde atopar auga nunha fraga.
Agora explicaremos a secuencia de pasos que debedes seguir para realizar estas actividades:
- Entrar en Ardora.
- Facer clic en “Archivo”.
- Pinchar onde pon “nova actividade”
- Buscar a palabra “relacionar”
- Facer clic en “frases e imágenes”
- Veredes esto:
- Ao facer clic no primeiro recadro en blanco da táboa sairá esa pestaña superposta.
- A esquerda engadides as palabras e a dereita as imaxes que se corresponden as mesmas (o propio programa xa as revolverá para a realización do xogo).
- Clicades no tic verde
- So queda gardar e publicar!
NOTA: Esta actividade permite poñer mensaxes de felicitación e de aviso de erros. Nos apostamos por frases motivadoras que inviten de xeito positivo a seguir xogando.
Ata outra!