Benvidos e benvidas de novo!
Hoxe no blog explicaremos como facer, no programa Ardora, unha sopa de letras. É unha actividade sinxela na que podemos adaptar o grao de dificultade á idade dos nenos e nenas. Así, a actividade consiste en atopar términos relacionados, neste caso, co centro de interese: a natureza.
Aquí o exemplo final:
Primeiramente, tras abrir o programa, debemos clickar na opción ‘’Archivo’’, seguido de ‘’Nueva actividad’’. Aquí, atoparemos a opción ‘’Juegos de palabras’’, e como primeira aparece ‘’Sopa de letras’’, onde debemos pinchar.
Unha vez seguidos estes pasos chegamos a este panel:
Na táboa, no apartado ‘’Palabra’’ ao pinchar sairá outra ventá superposta cos mesmos términos, onde deberemos ir poñendo os conceptos que desexamos que formen parte da sopa de letras, tal e como se amosa na imaxe:
Ademais, contamos con diferentes opcións:
- Definición: onde podemos dar unha explicación sobre a palabra a atopar. Esta opción permite graduar a dificultade da actividade, se así o preferimos.
- Mp3 ou Ogg: a actividade permite engadir audios.
- Imágenes: podemos realizar a actividade con imaxes.7
Unha vez rematemos, debemos clikar no tic verde (abaixo á man dereita).
Xa coas palabras elixidas, nun segundo apartado podemos decidir os diferentes parámetros da actividade, como por exemplo:
- O método de solución.
- As filas e as columnas da sopa.
- A fonte da mesma.
- A orientación das palabras (só horizontais, verticais, diagonais, mesturadas…).
Así mesmo, nunha terceira opción na pestaña ‘’Opciones de ejecución’’ podemos modificar o tempo da actividade así como o seu aspecto. Nesta mesma, e se así o queremos, podemos incorporar unha mensaxe final de felicitación.
Se nos fixamos nesta imaxe, podemos ver unha terceira opción ‘’Páxina web’’. Nesta podemos determinar o aspecto e concretar o título da actividade.
Os seguintes pasos a facer son publicar e gardar, e xa teriamos a nosa sopa de letras lista para xogar!
No noso parecer é unha maneira lúdica de aprender e distinguir conceptos da natureza, moi atraínte e adaptada aos nenos e nenas da aula. Esperamos que vos guste!