DESCOBRE COMO SON!

Bos  días! Hoxe no Bosque Animado, explicaremos en que consiste a actividade dashboard, do programa Ardora, e como a empregamos nós no contexto do noso proxecto.

En primeiro lugar, cómpre saber que Ardora é unha aplicación de descarga gratuíta, que posibilita a realización de múltiples actividades educativas.  Nela atopamos diferentes clases de actividades e xogos. Un bloque son as páxinas multimedia. Dentro deste apartado encontramos á que nos referiremos hoxe, a opción dashboard.  Con esta, podemos crear unha táboa na que situaremos imaxes e palabras ou frases segundo o obxectivo que queremos acadar.

Neste caso, nós empregamos esta función para achegar ao alumnado ao vocabulario que desexabamos traballar ao redor deste proxecto. Creamos dúas táboas, unha para os animais e outra para as prantas autóctonas de Galicia.  Ao entrar na actividade atopámonos unha táboa dividida en celdas nas que vemos distintos nomes. O alumno pinchará nos recadros para poder coñecer o animal/planta  que leva dita denominación.

Prantas

Non se trata dunha actividade que ofrece feedback, xa que non é cuestión de acertos e erros se non de dar a coñecer o léxico específico dun campo dun xeito visual, ameno e atractivo.

Os pasos que se deben seguir son:

  1. Entrar na aplicación Ardora.
  2. Pinchar en Archivo.
  3. Buscar a opción “Nueva página multimedia”
  4. Facer “clic” en Dashboard.
  5. Escoller cantas filas e columnas precisamos.
  6. Facer doble clic no recadro .
  7. Inserir a imaxe e a palabra ou frase correspondente.
  8. Pinchar no tic verde que indica que está listo.
  9. Repetir o proceso co resto de recadros
  10. Gardar e publicar

Captura dash

  • OLLO!  Para públicar a actividade cómpre gardala nunha carpeta cuxo nome non inclúa espazos, “ñ” ou  signos.

Esperamos que vos guste e vos sexa de utilidade, ata outra!

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta