Reproductor MP4

Bos días compañeiras!

Nesta publicación pretendemos dar ideas sobre como traballar nun proxecto TIC habilidades e capacidades como a música e o movemento.

Abordamos este tema xa que este foi un dos retos que se nos propuxo ao ter que realizar unha unidade de actividades empregando unicamente ferramentas TIC. Ao iniciar a planificación destas actividades tan só pensamos “Como facer exercicio físico co apoio das TIC?”, “Que posibilidades nos ofrece Ardora?”. Pois ben, tras pensar en poñer imaxes de tal xeito que formen unha secuencia de acción e desbotar a idea por parecernos pouco apropiado para a etapa de infantil, decantámonos por algo máis dinámico, un reprodutor de MP4. A pesar de parecer algo moi sinxelo pensamos que este é un recurso moi útil xa que Ardora, nas súas páxinas multimedia, permite recompilar cancións, contos, bailes e exercicios virtuais nunha mesma lista de reprodución á que todo o alumnado ten acceso. Así poderán escoitar música sobre este tema de traballo, tanto de forma individual empregando auriculares, como en pequeno ou gran grupo bailando e xogando imitando o que ven na pantalla.

Reprodutor

Se precisades axuda para facela deixádenolo en comentarios, ate outra!

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta