Storybird

Ola a todas e todos!

Hoxe dámosvos a coñecer un novo recurso TIC para empregar na aula. Estamos a falar da aplicación Storybird. Esta ferramenta proporciona bloques de imaxes de diferentes artistas a libre disposición dos usuarios, permitindo poñerlles texto e facer poemas, libros ilustrados, etc. Nós, dentro deste proxecto sobre a fraga, co obxectivo de achegar ao alumnado a lectura, a literatura e as TIC fixemos un conto ilustrado que trata de concienciar sobre o coidado da natureza.

A historia trata sobre os nenos dunha aldea que xogaban habitualmente no bosque do lugar. Alí deixan refugallo, prenden lume, fan barullo… molestando a animais e prantas. A avoa un día dálles unha lección e a rapazada pronto comprende que é máis divertido  xogar a ser os gardiáns da natureza e respectala.

Capturaconto

É moi sinxelo elaborar un conto nesta aplicación, soamente debedes:

  • Entrar na páxina Storybird.
  • Crear un usuario.
  • Facer clic en “create”.
  • Clicar no estilo de deseño que máis nos chame atención (a aplicación conta cun buscador para delimitar a temática se o precisamos).
  • Pinchar onde pon “use this art”.
  • Para crear un conto elexir a opción “picture book”.
  • Agora, soamente queda engadir páxinas, arrastrar as imaxes aos cadros en branco e deixar voar a imaxinación!

Moita sorte se o empregades, esperamos que vos guste! Ate a próxima!

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.